CERSIA Empresa


Que é Turismo de Santiago

 Imprimir   Enviar

Compartir en:

Facebook  Twitter  Meneame  Tuenti  LinkedIn





Turismo de Santiago - Incolsa é a empresa municipal creada en 1999 polo Concello de Santiago de Compostela para atender as necesidades de promoción da cidade do Apóstolo, especialmente como destino turístico.
Xurdida a partir da complexa xestión do programa da capitalidade europea no 2000, Incolsa pronto se especializou na atención turística. Como ‘Turismo de Santiago’ encárgase na actualidade da planificación, estruturación, comercialización e promoción do turismo na cidade, así como da vertebración de iniciativas mixtas no sector, nas que teñen cabida proxectos empresariais, cursos de mellora e plans que incorporan á poboación local.

Nesta tarefa de construír e comunicar a imaxe da cidade ante todos os públicos -os seus visitantes e os seus propios habitantes- Turismo de Santiago mantén permanente diálogo cos representantes do sector turístico local e autonómico; con outras institucións de promoción turística estatais, como Turespaña, o Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad, o grupo España Verde e a Federación Española de Municipios y Provincias; e internacionais, como a Organización Mundial del Turismo, a Rede de Ciudades Santas ou o grupo European Cities Tourism.