CERSIA Empresa


{*titulo}

{*texto}

Área de Turismo

Compostela Walking Tours

A creación dos Compostela Walking Tours dotou á cidade de novos tours temáticos pola arquitectura contemporánea, parques e miradores, igrexas e conventos; polos seus establecementos gastronómicos e polos seus camiños nocturnos. Tamén poden visitarse talleres de oficios artesanais e artistas contemporáneos. A cidade, en tan diversas facetas, percórrese a pe en compañía dun guía que propón actividades e orienta o descubrimento.

Área de Turismo

Domus Dei

O proxecto Domus Dei, a "Casa de Deus", permitiu poñer en valor dous itinerarios temáticos polo máis relevante do patrimonio histórico-relixioso de Santiago de Compostela. En colaboración co Arcebispado de Santiago e o Consorcio de Santiago, abríronse ao público e integráronse en rutas guiadas as principais igrexas monumentais e os conventos de clausura femininos da cidade, cuxa visita permite comprender o carácter espiritual da meta do Camiño de Santiago e o legado deixado polas ordes relixiosas ao patrimonio, a cultura, a medicina e a educación universitaria compostelá.

Área de Turismo

Transporte turístico

Outra iniciativa de Turismo de Santiago é o transporte turístico, que percorre o contorno da cidade histórica e ofrece novas perspectivas aos turistas, tanto en bus como en tren. Para potenciar o carácter de capital e centro xeográfico da cidade, Turismo de Santiago creou e mantén operativo Compostela Visión, un servizo de excursións regulares por toda Galicia, que pon paisaxes naturais, bosques, praias, faros, rías, portos, lonxas, adegas, castelos, pazos, igrexas, mosteiros e magníficas urbes ao alcance da man.

Área de Turismo

Produto enogastronómico

Especial interese ven cobrando nos dous últimos dos anos a promoción do turismo enogastronómico. Neste senso, Turismo de Santiago estreou en febreiro do 2008 o Fórum Gastronómico "As cociñas do Atlántico", unha cita bianual que converteu á cidade en capital da cociña atlántica e no mellor escaparate da despensa galega.

 Imprimir   Enviar

Compartir en:

Facebook  Twitter  Meneame  Tuenti  LinkedIn